Sunday 08 de September de 2024

Accidente de tráfico no acceso ao polígono de Espiñeira, no Concello de Boiro


Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro, recibiron unha chamada ao redor das 20:00 horas de onte, mércores 15 de maio, alertando dun accidente de tráfico no acceso ao polígono de Espiñeira coa estrada AG-11, no Concello de Boiro.

Á chegada dos bombeiros as persoas implicadas no accidente estaban fóra do vehículo sinistrado. O condutor do mesmo indicou que por unha indisposición perdeu o control do automóbil na entrada dunha rotonda, causando que o coche rematara nun rego de pluviais subido ao terraplén de acceso ao polígono.

As persoas ocupantes e o condutor foron trasladados ao seu domicilio e a limpeza da vía foi levado por operarios de mantemento da AG-11.

No operativo tamén participou a Garda Civil de Tráfico de Santiago de Compostela e o 061 e Protección Civil de Boiro.